Kamran Əliyev
Nome orixinal | (az) Kamran Bayram oğlu Əliyev |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de novembro de 1965 (58 anos) Balakan, Acerbaixán (en) |
Prosecutor General of Azerbaijan (en) | |
1 de maio de 2020 – ← Zakir Qaralov (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Irkutsk State University (en) (–1987) |
Actividade | |
Ocupación | estadista, xurista |
Premios | |
|
Kamran Bayram oğlu Əliyev, nado o 18 de novembro de 1965, é un fiscal acerbaixano que dende o 1 de maio de 2020 é fiscal xeral da República de Acerbaixán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na rexión Balaken [1], licenciouse na facultade de dereito da Universidade Estatal de Irkutsk en 1987 e pouco despois recibiu o nomeamento como investigador da fiscalía de transportes de Chita e máis tarde traballou como investigador xefe na Fiscalía de transportes de Transbaikal.
En 1990-1993 continuou a súa formación na escola de posgrao do Instituto de Investigacións Científicas da oficina da Fiscalía Xeral da URSS[2] e en 1993 leu a súa tese de doutoramento, tras o que marchou á súa república natal e, xa que logo, a depender do seu sistema xudicial.
Dende 2007 dirixe a dirección xeral anticorrupción da fiscalía acerbaixana, e en 2014 asumiu o posto de fiscal xeral adxunto [3] .
O 1 de maio de 2020 o presidente de Acerbaixán, İlham Əliyev asinou o decreto do seu nomeamento como fiscal xeral de Acerbaixán [4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Кто он - будущий Генпрокурор Азербайджана?". Haqqin. 29 de abril de 2020.
- ↑ Coa disolución da URSS pasou a depender da Fiscalía Xeral de Rusia
- ↑ "Кямран Алиев назначен заместителем генпрокурора Азербайджана". Trend. 5 de abril de 2014.
- ↑ "Кямран Алиев назначен генпрокурором Азербайджана - РАСПОРЯЖЕНИЕ". Oxu. 1 de maio de 2020.